Opoñerse Á Extinción cover

Se A Alma Non Me Doe Paroles

Ses

Album Opoñerse Á Extinción

Paroles de Se A Alma Non Me Doe

Ando a patadas
coa miña voz,
buscando excusas,
pra non ter que ir ao doutor

Que vou facer
se non respecto a miña dor?

Nin paso o ferro,
nin o puñal
Fuxo da virxe,
...? da muller fatal
Que vou facer,
se non me asusta ser normal?

E só vexo polos meus ollos
e pérdenme os teus.
E fervo en tódolos pucheiros
e traballo arreo.

E quéimolle o pito ao sereno
cando non me oe
E fico tola de ledicia
se a alma non me doe

Non busco loas
Cuspo pra diante,
só sei xurar
a peito co que ás veces podo ghomitar.
Que vou facer
se non me importa non gustar?

E só vexo polos meus ollos
e pérdenme os teus.
E fervo en tódolos pucheiros
e traballo arreo.

E quéimolle o pito ao sereno
cando non me oe
E fico tola de ledicia
se a alma non me doe

Ando a patadas
coa miña voz,
buscando excusas,
pra non ter que ir ao doutor

Que vou facer
se non respecto a miña dor?