Co Xenio Destrozado cover

Unha Sombra De Min Paroles

Ses

Album Co Xenio Destrozado

Paroles de Unha Sombra De Min

Hoxe non podo acougar
hoxe non podo calar
hoxe só sinto a necesidade
imperiosa e terca de bailar
hoxe non quero asentir
hoxe non quero finxir
hoxe ese ritmo que fai ferver
o sangue non me deixa nin vivir
hoxe prefiro pensar
que o mundo xira en torno a min

Hoxe esquecín o meu mal
hoxe non teño rival
hoxe só pido que quede moita, moita,
moita pista por gastar
E teño o corpo a tremer
e o pulso a todo correr
e o corazón só bombea melodías
que a cabeza fan perder
Hoxe vai ter que esperar
o que me queira ver morrer

Hoxe deixei de sufrir
E non paro de sorrir
Vivo feliz e contenta e a tormenta
que veña se ten que vir Hoxe vai ter que perder
o que aposte polo rival

E teño o corpo a tremer
E o pulso a todo correr
E os pés en revolución
Sen a menor solución
E a pelvis quere marchar
E non a podo frear
E o corazón bate a mil
E non son quen de finxir
Que hoxe prefiro pensar
Que o mundo xira en torno a min

En torno a min, en torno a min
Non me interesan as promesas
nen contigo nen sen ti
E agora teño claro que o tren que collín
O día para olvidar en que te coñecín
Non me podía levar a peor lugar
Saíume cara a viaxe e tardei en baixar
Pero agora baixei e nunca máis serei
Unha sombra de min.