Home
Top Artistes
Top Paroles
Ajouter Paroles
Contact
menu
search
Contactez-nous
Artiste:
Ses
Titre:
Tempestades De Sal
Assurez-vous que les corrections sont tout à fait exactes
S'il vous plaît, les mettez en évidence en quelque sorte!
Vous pouvez, par exemple, écrire
INCORRECT: avant la mauvaise ligne
CORRECT: avant la correspondant ligne correcte
Autrement, nous ne pouvons les corriger pas! Merci pour votre aide.
Nesta terra que fai testamento, que acolle os lamentos e anima a olvidar, infectada de sangue usureiro, caciques modernos, mecenas do mal. Vivo dentro dun monte de area tinguido de brea que non limpa o mar, coa esperanza de tomar alento para ver o momento de nos libertar. Mais aínda seguimos aquí a aturar tempestades de sal, resistindo a violencia de mans desas serpes e cans que nos queren calar. Compañeiras nos soños do Edén, unha illa no medio do mar, que iluminan o loito máis negro, que esquece o desterro e o medo a loitar. Cando as marcas se gravan a ferro e a dor e a xenreira non deixan sorrir, as penurias van alén da fame falta a identidade que axuda a vivir. Só se calma o ruído da raiba coa forza que queima na gorxa ao berrar: queremos curar a fendedura, olvidar a tristura e voltar comezar.