Paroles de Conxuro
Mouchos, coruxas, sapos e bruxasDemos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras
Podres cañotas furadas fogar dos vermes e alimañas
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos
Cheiro dos mortos, tronos e raios
Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pé de coello
Pecadora lingua da mala muller casada con home vello
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes
Corpos mutilados dos indecentes
Peidos dos infernais cús, muxido da mar embravescida
Barriga inútil da muller solteira
Falar dos gatos que andan á xaneira
Guedella porca da cabra mal parida
Con este fol levantarei as chamas de este lume
que asemella ao do inferno
Fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas
gordas
¡Oíde, oíde!
Os ruxidos que dan as que non poden deixar
de queimarse na augardente,
quedando así purificadas
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas
Quedaremos libres dos males da nosa ialma Facede cos espritos dos amigos que están fora
Participen con nós de esta queimada

JESUS MARIA HERNANDEZ GIL, JUAN CARLOS MARIN LOPEZ
© Peermusic Publishing
Paroles powered by LyricFind
© Peermusic Publishing
Paroles powered by LyricFind